miércoles, 25 de marzo de 2009


Un equipo de veterinarios turcos acaba de descubrir unha sorprendente conexión entre a persecución compulsiva do propio rabo (con perdón) que manifestan algúns cans, con elevados índices de colesterol no sangue, segundo un estudio publicado no número de marzo do Journal of Small Animal Practice.

O descubrimento engádese a un grande número de evidencias que indican, sobre todo en estudios con persoas, que o colesterol alto podería ser un marcador para problemas de comportamento tales como ataques de pánico ou un trastorno obsesivo compulsivo, que nos cans traducuríase nesta tola persecución sen ningún sentido.

Mesmo existen razas mais propensas que outras a padecer esta desorde, caso dos pastores alemáns e bull terriers.

Para a realización deste estudio, os investigadores tomaron mostras de sangue de 30 cans, o 50% mordía o rabo e o outro 50% non.

Os 15 afectados deste comportamento tiñan uns niveis de colesterol bastante máis alto que os outros 15 cans.

Segundo din os investigadores, a razón podería ser que os altos niveis de colesterol afectan ó fluxo de hormonas cerebrais como a serotonina, que está ligada ó estado de ánimo e ó comportamento.

Vía Neatorama

Link

lunes, 23 de marzo de 2009

Fantástico traballo do artísta gráfico sueco Tomas Nilsson




Vía LinkBomba

domingo, 22 de marzo de 2009

Iri5 é unha usuaria de Flickr que envía fotografías do seu traballo artístico, no que experimenta con soportes pouco convencionais. Na foto, un retrato de Bob Dylan feito coa cinta dunha cassette. No seu álbum de Flickr hai mostras de traballos sobre outros soportes como libros ou fotografías.

Vía Neatorama
Iri5 en Flickr

Actualización: Iri5 ten a súa propia web

Ben, aquí queda demostrado que calquera cousa vale como soporte de expresión artística. Non teño moito máis que dicir, aínda estou flipando.





Vía Wooster Collective

sábado, 21 de marzo de 2009



Xa hai uns días que non escribo nada; fun a por tabaco. A ver se renovamos un pouco os contidos.

sábado, 6 de octubre de 2007

Outro deses concursos raros que hai na tele do Xapón, os concursantes deben sacar o mantel da mesa sen tirar nada do que hai enriba. A proba vaise complicando con mais elementos sobre a mesa, e os participantes van quedando eliminados... O que mais me chama a atención é o concursante que perdeó final... non quero saber eu como se porá cando gaña.



Por certo, non me explico a conto de que ven ir de tanga e "pajarita", pero bueno, só é unha cousa máis das que non me explico dos xaponeses.

Vía Spluch

Vai un vídeo. Como se debe animar ó teu equipo combinando os recursos humanos coa tecnoloxía. En Corea son auténticos mestres nesta arte.



Vía No puedo creer que lo hayan inventado

viernes, 14 de septiembre de 2007

Ista vai ser, creo eu, unha das entradas mais raras que poña por aquí.
Resulta que este homiño da foto é un rapaz checo que se dedica ás carreiras de motos. Chámase Matej Kus e hai uns días sufriu un accidente nunha carreira en Australia, no que outro piloto lle pasou por riba da cabeza aplastándolle o casco. Matej quedou inconsciente durante 45 minutos.
Ata aquí todo normal. O raro do caso ven xusto despois, cando despertou, xa que estivo falando co persoal da ambulancia que o levaba ó hospital en perfecto inglés, mesmo con acento británico, cando en realidade o rapaz só está empezando a farfullar as súas primeiras frases na língua de Shakespeare (e de Benny Hill), e segundo os seus amigos ten un nivel moi básico e cústalle moito facerse entender.

O xefe do equipo, Peter Waite, díxolle ó Daily Mail que non daba creto. Non me estraña, eu mesmo non dou.

"Tiña un acento Inglés moi claro. Pasara o que pasara no golpe, debeulle recolocar as cousas na cabeza ", dixo Waite, "Matej non tiña nin idea de quen era nin onde estaba, non sabía sequera que era checo."

Desafortunadamente, segundo se mire, as novas habilidades adquiridas polo piloto non duraron moito, xa que agora mesmo Matej non lembra nada do accidente nin dos dous días seguintes.

En declaracións o Daily Mail, axudado iso si, por un intérprete, manifestou: "É incrible que estivera falando inglés dese xeito, e sen acento estranxeiro! Seguro que teño un montón de inglés no meu subconsciente e aprenderei rápidamente, sen necesidade de que ninguén me aplaste a cabeza."

Se isto é o que dixo, eu creo que aínda non se recuperou de todo.

Vía Spluch - Link - Link - Link.

Poño tres links á nova, para que non digades que non contrasto a información. Por suposto están en inglés, así que se non entendedes, batede coa cabeza na parede, que nunca se sabe.

jueves, 19 de julio de 2007

Ben, agora un par de documentos gráficos sobre explosións de baleas. Si, xa sei que non é un tema que se trate moito, pero as baleas ás veces explotan.



Primeiro



No seguinte video veredes o que aconteceu en 1970 en Oregón (onde se non) cando as autoridades decidiron a mellor maneira de desfacerse dunha balea varada nunha praia preto de Florence, que debe ser unha vila do devandito estado.


Vía Neatorama


Segundo



Nesta fotografía podemos ver o estado no que quedou unha das rúas de Tainan, en Taiwan, despois da explosión, por cuestións biolóxicas, dunha balea que era transportada para unha necropsia.

Podedes ver a nova aquí





Sirva tamén este post para reflexionar sobre o "american way".



Vía Neatorama

domingo, 24 de junio de 2007

Deixo aquí un par de vídeos que demostran o poder da tipografía. Sempre é un elemento fundamental en calquera traballo de deseño, pero nestes exemplos é o núcleo do proxecto. Se queredes ver máis, facede clic aquí.

Typography





Pulp Fiction


sábado, 23 de junio de 2007

Está claro que cada un manifesta as súas inquietudes artísticas como entende. O que conta é expresarse e sempre acaba un chegando á conclusión de que o talento ten que ver coa capacidade de sorprender con cousas cotiás. Isto debe ser o último en soportes de expresión artística.



Via Spluch

lunes, 14 de mayo de 2007


O que lles faltaba ós curritos de Doubleyou... un panel electrónico deses, no que os que visitan a web poden deixar a su mensaxe, para que a lean básicamente os que están currando... bueno e os que miran a oficina a traves da webcam que teñen instalada. Eu só puxen publicidade do meu blog, pero xa lín cousas como "que patético o de vermello" ou "traballade collóns" e é que hai moito becerro. Se queredes deixar a vosa pegada na oficina de Doubleyou facede clic aqui.

sábado, 21 de abril de 2007

Entérome vía Microsiervos da existencia deste manuscrito indescifrado creado hai máis de 500 anos. Á marxe do misterio que supón que non se saiba o que di nin quen o escribíu, as láminas iluminadas son realmente fermosas. "3e", un usuario de Flickr, ven de poñer á disposición de todo o mundo as máis de 200 páxinas desta estraña obra nun álbum. As fotos son dunha calidade excelente e paga a pena botar unha ollada.

Para os que coma min descoñezan que é o Manuscrito Voynich, na Wikipedia atoparán ampla información.

Vía Microsiervos

martes, 3 de abril de 2007

A ver se un día destes vexo algo así no Castromil. O grupo chámase Naturally Seven. A ver se a miña xente se anima a facer unha versión como esta do Rodaballo nalgunha das sardiñadas do verán. Non conto co Insecto palo, que sei que vai ficar agarrado a calquera ameneiro ou eucalipto.




Vía A Welsh View

jueves, 15 de marzo de 2007

Unha boa representación dunha discusión entre Charlie Parker e Dizzy Gillespie.


Vía Neatorama

jueves, 22 de febrero de 2007

Stringfever é un cuarteto de corda formado por tres irmáns e un curmán da familia Broadbent, dos Broadbent de toda a vida. A min paréceme un experimento como tantos outros, deses que "intentan achegar á música clásica a todo o mundo". Non sei que sorte terán os Broadbent na súa andaina profesional, pero por espectáculo que on sexa.




Vía Neatorama

miércoles, 14 de febrero de 2007


Só se trata dunha actualización da nova que publiquei o día 24 de decembro do ano pasado. Nela falaba de Michael Holmes, un paracaidista que sorevivíu a unha caida desde 4 Km de altura. Pois ben, a edición dixital do diario británico Daily Mail, publicou en exclusiva mundial o vídeo que gravou o propio Michael mentres caía. Podedes velo aquí

miércoles, 7 de febrero de 2007

Agora que chega o San Valentín, día que debido ó meu careto nunca tiven ocasión de celebrar, déixovos esta fabulosa balada; das mellores que escoirtei nunca. Corazón, de Hard n' Phirm. Nada que ver con outra canción do mesmo título, composta e interpretada por José Alfredo Jiménez, o meu ídolo.



Vía Boing-Boing

Jaap Best era un holandés que fixo do circo a súa vida. Ademáis de dedicarse profesionalmente ó circo como administrador, tamén reuniu ó longo da súa vida a que debe ser unha das mais grandes colecciós de carteis e fotos de circo do mundo. Parece que en vida no era moi amigo de mostrala, pero agora todos podemos admirar o seu legado nesta web.

Vía All about nothing

martes, 6 de febrero de 2007

Stefan G. Bucher é un ilustrador e deseñador gráfico alemán, que desenvolve o seu traballo nos Estados Unidos. Reponsable de moitas cubertas de cd's e do deseño de libros de deseño, vala a redundancia, ten un vlog (ver definicion aquí) no que diariamente debuxa un monstro. Bucher anima ós lectores, ou mais ben televidentes, a escribir a historia de cada monstro. O vlog está dispoñible en Youtube e na súa propia web

Eu póñovos a qui unha mostra para que fagades boca. Ai, que identificado me sinto con estas criaturas... é como ver un álbum de familia.



Vía Wooster Collective