

Michael Holmes é un paracaidista de 25 anos que leva saltando desde ós 18. O pasado 12 de decembro durante un salto rutinario en Nova Zelanda (vaia rutinas teñen algúns) a 3700 metros de altura o seu paracaidas fallou. Segundo relatou o pai de Michael, o paracaídas principal liouse de tal xeito que fixo imposible a apertura do paracaídas de reserva, así é que o pobre Michael caeu a plomo a unha velocidade de mais de 160 kph, nunha silveira!!! Pois ben, lonxe de defenestrarse, que sería o lóxico, Michael só rompeu un nocello e ten un pulmón perforado (non sei se polas silvas). Iso si, para rescatalo fixo falta unha brigada e bombeiros que tivo que abrir un camiño entre as silveiras.
Vía Spluch
Link & Link
Hai tamén outras formas de voar.
domingo, 24 de diciembre de 2006
Paracaídas... esta!
Dixo
ElBecerro
14:14
lunes, 18 de diciembre de 2006
Vertixe
Dixo
ElBecerro
12:17
Dous sitios ós que nunca irei debido ó meu problemiña coas alturas.
Para empezar, o sobradamente coñecido Cañón do Colorado. Parece que o vindeiro mes de marzo abrirase ó público un novo mirador.
Sobresae 21 metros da parede do cañón aunha altura de 1220 metros sobre o Río Colorado. A estructura é de aceiro e as paredes e o chan son de vidro, de tal xeito que se poderá ver o río somentes mirando para abaixo... mi madriña, que medo! Os nativos americanos que o construen esperan que o turismo faga despegar a economía local, pero algúns temen que a parede porosa do cañón non resista o sistema de ancraxe e o mirador acabe ó nivel do río.
O outro destino imposible para min está situado na provincia china de Shanxi. Trátase do Monte Huashan, unha das cinco montañas sagradas da china. Cada Montaña representa un punto cardinal, sendo a quinta o centro. O Monte Huashan, como as outras catro montañas, é lugar de peregrinaxe.

Non sei o éxito que terán nos seus "xacobeos", pero comigo que non conten, que para chegar arriba hainas que pasar canutas.
viernes, 15 de diciembre de 2006
One World
Dixo
ElBecerro
02:05
Hai certas iniciativas individuais na rede que deixan ver o poder que pode chegar a acadar. Falo agora dunha delas, que non é a primeira nen a última, pero que me chama a atención polo sinxela e polo orixinal. MadV é un usuario de Youtube que propón no seu último vídeo que escribamos unha mensaxe na palma da man, o gravemos e o subamos. El da o primeiro paso amosando un "One World". No momento de escribir esta entrada, o seu vídeo, subido o día 4 de decembro, pasa do medio millón de visionados, ten máis de 2200 respostas e cerca dos 3500 comentarios.
Aquí a proposta de MadV
Aquí o meu graniño de area
Veña, animádevos!!
martes, 12 de diciembre de 2006
Hai cousas peores que o terrorismo
Dixo
ElBecerro
05:00
Creo que isto é o máis explosivo que vin en internet en moito tempo. Podería dicir moitas cousas, pero quedo sen palabras.
Via Alt1040
lunes, 11 de diciembre de 2006
Scary Mary
Dixo
ElBecerro
18:24
Poño aquí un dos máis altos expoñentes, ó meu entender, do chamado trailer re-cut ou remix, que ven sendo como o seu propio nome indica unha reinterpretación dos trailers das películas. Dase un de conta que se pode cambiar o significado das imaxes, e por descontado de calquera outro medio de expresión ou de comunicación, dun xeito tan sinxelo que pode chegar a ser peocupante.
Hai máis exemplos:
viernes, 1 de diciembre de 2006
Temos un compás no nariz
Dixo
ElBecerro
13:51

Segundo o antropólogo da Universidade de Sydney, Stephen Juan, científicos do Instituto de Tecnoloxía de California (CALTECH) descubriron hai uns anos que os seres humanos posuimos cristais de magnetita no oso etmoide, situado entre os ollos, xusto detrás do nariz.
A Magnetita é un mineral magnético que tamén teñen as pombas mensaxeiras, os salmóns, os golfiños, as abellas, os morcegos e mesmo algunhas bacterias.
Parece que a magnetita axuda na orientación aos animais e asiste ás especies migratorias nos periodos de migración permitíndolles orientarse polos campos magnéticos da Terra. Sen embargo os científicos non están seguros de cómo funciona.
En calquera caso, no que respecta aos seres humanos e de acordo con algúns expertos, a magnetita fai que o oso etmoide sexa sensible ó campo magnético da terra e axuda no sentido da orientación.
Algúns mesmo suxiren que este "compás" foi de moita axuda na evolución humana xa que fixo mais doada a emigración e a caza.
Por outra banda, o tamén antropólogo, Kambiz Kamrani, o home que está detrás de anthropology.net, achácalle algunhas carencias á información de Stepehen Juan, como non dicir onde foi publicado o estudio. Kamrani pregúntase tamén se a presenza de magnetita apoia a teoría da procedencia africana da especie humana mais que a da orixe multirrexional. Tamén se pregunta se alguén fixo comparativas con outros primates, para saber se estes tamén a teñen e manidfesta a súa hipótese de que non, porque ningún primate migrou tanto como humanos.
Vía Neatorama.
jueves, 30 de noviembre de 2006
David Shrigley. Fotos que fan pensar.
Dixo
ElBecerro
01:16
Recomendo unha ollada ás fotografías de David Shrigley. Teñen un non sei que moi interesante. A ver se me di alguén o que é, que eu non sei poñelo con palabras, só sei que me deixan como reflexionando, algo que un becerro coma min non fai con moita frecuencia.
miércoles, 29 de noviembre de 2006
Amor animal
Dixo
ElBecerro
22:22
Home precisa de ciruxía despois de ter sexo con porco espiño
Un serbio precisou de ciruxía de urxencia despois de manter relacións sexuais cun porco espiño, tal e como lle prescribira un curandeiro.
Zoran Nikolovic, de 35 anos, natural de Belgrado, afirma que o curandeiro lle asegurou que esa terapia sandaría a súa exaculaión precoz; pero rematou nun quirófano despois de que o as espiñas do animal lle deixaran o pene gravememte lacerado.
Un voceiro do hospital dixo: "O animal está aparentemente ileso e o paciente saíu moito peor parado do encontro. Apañámonos para reparar o dano do seu pene.
Via Ananova. Traducido á miña bola.
Xa di o chiste que os porco espiños fan o amor con moito coidado. O que é non ter cultura xeral.
Artistas dixitais: Peter Fendrik
Dixo
ElBecerro
03:04
Velaí vai outro artista que quero compartir convosco. Trátase de Peter Fendrik, un húngaro que se dedica á animación en 3D de xogos e películas en Digic Pictures onde é director de arte, e que como hobbie modela personaxes en 3D. Os dous de arriba pertencen á serie da familia Bird. Os membros da familia teñen todos certo aire aristocrático e como indica o seu apelido gardan semellanzas con diferentes aves.
Este veño sendo eu
- ElBecerro
- Son un home feo. Iso é todo. Para min polo menos é mais que suficiente. Así que paso o tempo diante do ordenador, lonxe de malas miradas e expresións de noxo e desagrado.
Blogroll
Etiquetas
- 3D (3)
- arte (19)
- científicos (5)
- curiosidades (37)
- deseño gráfico (5)
- educación (1)
- fotografía (7)
- humor (8)
- ilustración (6)
- iniciativas (3)
- inventos xaponeses (5)
- mundo friki (21)
- música (13)
- pobos (8)
- redes sociais (4)
- vídeo (34)
- vlog (2)
- Web 2.0 (3)