
Cali Rezo é un artista francés que desenvolve o seu traballo enteiramente en Photoshop. Inspírase en fotografías e fai as súas ilustracións partindo desde cero. Nalgunhas das súas obras hai claros guiños a obras de pintores como Klimt. Na súa web hai un amplo catálogo da súa obra. Tamén hai un apartado onde explica o seu proceso de traballo.
domingo, 28 de enero de 2007
Artistas dixitais: Cali Rezo
Dixo
ElBecerro
13:31
viernes, 12 de enero de 2007
Nico
Dixo
ElBecerro
13:38
Nico é o primeiro traballo da corporativa de cine "SonCine", do IES de Porto do Son. Está é unha mostra do que se pode facer no ensino cun pouco de vontade, tanto do profesorado e dos alumnos como da administración. Nesta curtametraxe hai moito do primeiro, pero segundo me contan, bastante pouco do segundo. O resultado impresiona tendo en conta que se trata dun traballo escolar. Esta curtametraxe foi gañadora de dous premios, o Educa Compostela que concede o Concello de Santiago e mais o Premio de Innovación Educativa da Xunta de Galicia. Pensaredes que é unha contradicción que afirme que a Administración non se molla cando a curta recibíu galardóns da Xunta. Non o é. Si, a Administración deu cartos para a realización do proxecto e despois premiouno, pero cando falo de vontade refírome a implicarse e potenciar este tipo de iniciativas e non simplemente a cubrir a papeleta de impartir cursos, que é no que andan. Se a Administración non da o soporte necesario, Nico non pasará de ser a excepción á regla.
martes, 2 de enero de 2007
Defendendo o territorio
Dixo
ElBecerro
22:10
Hai os que non se deixan impresionar por nada á hora de protexer o seu. Nin gatos, nin tigres, nin farrapos de gaita.
Via Neatorama
domingo, 31 de diciembre de 2006
Walton Ford. Mestre da acuarela
Dixo
ElBecerro
14:55
Para rematar o ano, outro Artista que me chama a atención. Walton Ford. Aquí deixo un extracto da súa biografía traducido de Art 21.
Walton Ford naceu en 1960 en Larchmont, Nova York. Graduouse na Rhode Island School of Design coa intención de facerse cineasta, pero mais tarde adaptou o seu talento de narrador á súa maneira única de realizar acuarelas de gran tamaño. Mesturando a representación da historia natural coa crítica política, a pintura meticulosa de Ford satiriza a historia do colonialismo e o continuo impacto da escravitude e outras formas de opresión política, na paisaxe social e medioambiental de hoxe en día. Cada pintura é tanto unha lección de fauna e flora como unha mordaz denuncia dos erros cometidos polos industrialistas do século XIX ou, trasladando o seu traballo ó presente, da actual sociedade de consumo americana...Podedes ver mostras do seu traballo aquí, aquí e aquí.
Usando as novas tecnoloxías.
Dixo
ElBecerro
14:17
Estás no momento xusto, no lugar axeitado e, que fas?. Pois gravalo en video co móbil e compartilo con todos, non vai diso o lerio da web 2.0 e as redes sociais?
Iso foi o que debeu pensar unha das persoas que estaba presente durante a execución de Saddam Hussein. Ata onde chegaremos?
Aviso: Se sodes sensibles non o vexades.
Inventos xaponeses. Hucha Hi-Tech
Dixo
ElBecerro
13:32
Iso que vedes na foto é unha hucha. De feito é unha hucha programable bautizada como Banco da Vida. Ten capacidade de almacenar ata 200 moedas de 500 yens. Na pantalla hai un homiño xapones que ó principio vive nunha caixa de zapatos que se pode converter nun apartamento de luxo, dependendo da cantidade de cartos que haxa dentro. Acaban de sair á venda no Xapón a 40 USD, pouco mais de 30€.
Non di como reacciona o homiño cando baleiras a hucha.
Vía Spluch
Reis de Norteamérica
Dixo
ElBecerro
03:30

Non mo ides crer, pero isto foi casual. Non sei en que web (un fallo pola miña parte porque así non podo poñer o link) atopei a referencia de George Catlin, ó que por suposto non coñecía, que xa vos dixen que de arte non entendo e que o que fago é poñer aqui cousas que me chaman a atención.
Na miña última entrada falaba do fotógrafo Daniél Lainé e do seu periplo africano inmortalizando ós descendentes das grandes dinastías africanas. Pois ben, un século e medio antes, Catlin fixo o propio cos xefes das tribus das inmensas pradeiras norteamericanas. A diferencia, aparte da evidente latitude xeográfica, é que Catlin tardou o doble de tempo e como daquela non había cámaras de peto pois colleu un pincel e hala!
George Catlin, un avogado convertido en pintor, percorreu miles de kilómetros desde 1830 ata 1836 seguindo o rastro da expedición de Lewis e Clark. Catlin visitou 50 tribus da beira oeste do río Mississippi , desde o que hoxe é Dakota do Norte ata Oklahoma, estudiou o seu modo de vida e pintou retratos e paisaxes. O seu traballo de campo rematou coa publicación en diarios e cun conxunto de mais de cincocentas pinturas ó oleo. Catlin fíxose mais tarde showman, empresario e escritor.
Podedes ver a súa obra nesta web, que recolle os seus traballos presentes na colección permanente do Smithsonian American Art Museum.
martes, 26 de diciembre de 2006
Reis de África
Dixo
ElBecerro
20:21
Unha magnífica serie de fotografías de reis africanos da man de Daniel Lainé. O da foto de arriba é OBA JOSEPH ADEKOLA OGUNOYE o Olowo de Owo.
Segundo conta a lenda, hai seiscentos anos Olowo, o rei, namorouse de Orensen, unha muller moi fermosa. Desafortunadamente para o rei, Orensen era unha deusa que non podía vivir cos mortais. Estáballe prohibido ver mulleres moendo especias, derramando auga ou tirando leña ó chan.
O rei estaba tan namorado que para casarse con ela, prometeulle que as súas outras esposas non farían estas cousas diante dela. Pero co paso do tempo as outras mulleres puxéronse celosas e empezaron a facer todo o que non debían facer diante da deusa, que botou unha maldición sobre todo o reino. A deusa prometeu que o pobo de Owo morrería de fame ou por enfermidades se o rei e os seus xefes non celebraban todos os anos unha cerimonia na súa honra. Os tambores deberían pedirlle perdón e cantarlle oracións, un deles debería mesmo ofrecerlle en sacrificio un home ou unha muller.
Esta cerimonia, Igogo, aínda existe hoxe, pero o sacrificio faise con cabras e ovellas.
A Daniel Lainé levoulle 3 anos (1988-1991) de esforzos e intensas xestións diplomáticas rematar este traballo. Nese período conseguíu fotografiar 70 soberanos, descendentes das grandes dinastías africanas.
Paga a pena ver a serie completa.
Para aquelas mentes retorcidas: Non, King Africa non aparece por ningures.
lunes, 25 de diciembre de 2006
domingo, 24 de diciembre de 2006
Peter Callesen. Arte de papel
Dixo
ElBecerro
15:11
Botade, os que queirades ou podades, unha ollada ó traballo de Peter Callesen.
Da súa web:
Un tema común en moitos dos meus traballos é a reinterpretación dos contos infantís clásicos e tamén un interés xeral na memoria en conexión coa infancia. (...) Estas representacións alegres existen no territorio perdido da nenez, entre os soños e a realidade, e é no encontro ou na confrontación destas dúas condicións, nunha especie de encarnación utópica, onde estas pezas de arte cobran vida, frecuentemente dun xeito traxicómico.
Este veño sendo eu
- ElBecerro
- Son un home feo. Iso é todo. Para min polo menos é mais que suficiente. Así que paso o tempo diante do ordenador, lonxe de malas miradas e expresións de noxo e desagrado.
Blogroll
Etiquetas
- 3D (3)
- arte (19)
- científicos (5)
- curiosidades (37)
- deseño gráfico (5)
- educación (1)
- fotografía (7)
- humor (8)
- ilustración (6)
- iniciativas (3)
- inventos xaponeses (5)
- mundo friki (21)
- música (13)
- pobos (8)
- redes sociais (4)
- vídeo (34)
- vlog (2)
- Web 2.0 (3)
