jueves, 22 de febrero de 2007

Stringfever é un cuarteto de corda formado por tres irmáns e un curmán da familia Broadbent, dos Broadbent de toda a vida. A min paréceme un experimento como tantos outros, deses que "intentan achegar á música clásica a todo o mundo". Non sei que sorte terán os Broadbent na súa andaina profesional, pero por espectáculo que on sexa.




Vía Neatorama

miércoles, 14 de febrero de 2007


Só se trata dunha actualización da nova que publiquei o día 24 de decembro do ano pasado. Nela falaba de Michael Holmes, un paracaidista que sorevivíu a unha caida desde 4 Km de altura. Pois ben, a edición dixital do diario británico Daily Mail, publicou en exclusiva mundial o vídeo que gravou o propio Michael mentres caía. Podedes velo aquí

miércoles, 7 de febrero de 2007

Agora que chega o San Valentín, día que debido ó meu careto nunca tiven ocasión de celebrar, déixovos esta fabulosa balada; das mellores que escoirtei nunca. Corazón, de Hard n' Phirm. Nada que ver con outra canción do mesmo título, composta e interpretada por José Alfredo Jiménez, o meu ídolo.



Vía Boing-Boing

Jaap Best era un holandés que fixo do circo a súa vida. Ademáis de dedicarse profesionalmente ó circo como administrador, tamén reuniu ó longo da súa vida a que debe ser unha das mais grandes colecciós de carteis e fotos de circo do mundo. Parece que en vida no era moi amigo de mostrala, pero agora todos podemos admirar o seu legado nesta web.

Vía All about nothing

martes, 6 de febrero de 2007

Stefan G. Bucher é un ilustrador e deseñador gráfico alemán, que desenvolve o seu traballo nos Estados Unidos. Reponsable de moitas cubertas de cd's e do deseño de libros de deseño, vala a redundancia, ten un vlog (ver definicion aquí) no que diariamente debuxa un monstro. Bucher anima ós lectores, ou mais ben televidentes, a escribir a historia de cada monstro. O vlog está dispoñible en Youtube e na súa propia web

Eu póñovos a qui unha mostra para que fagades boca. Ai, que identificado me sinto con estas criaturas... é como ver un álbum de familia.



Vía Wooster Collective

sábado, 3 de febrero de 2007


... A miña muller e mais eu tamén cremos ferventememte na soberanía do individuo e da unidade familiar. Somos cidadáns con dereitos inalienables, non suxeitos ós que poñer reglas. O noso dereito a posuir armas provén da nosa Carta de Dereitos, e non é un dereito que garantice ningunha autoridade federal ou local. É un dereito recoñecido, que nos deu o noso creador, a cada un duns cidadáns libres deste país. O dereito a posuir armas non ampara soamente a caza ou o tiro ó blanco. Tamén trata da defensa deste país, dos seus estados, da comunidade, da familia e do individuo de calquera que pretenda facerlles dano, xa sexa un enemigo estranxeiro, ou a propia autoridade federal, estatal ou local... ou calquera criminal.

Este ven sendo o ideario básico do tarugo que sae na foto. O proxecto Armed America. Portraits of gun owners in their homes, algo así como América armada. Retratos de xente armada na súa casa, foi unha idea do fotógrafo americano Kyle Cassidy. O proxecto acabará en libro no outono deste ano. Cassidy quería saber como era a xente que posuía armas na casa, entre un 39 e un 50 por cento da poboación americana. Cunha porcentaxe tan elevada de defensores das armas, o normal é que haxa de todo, desde o que a ten para facer tiro ó blanco ata filósofos de porte saudable como o da foto... País!

Vía Neatorama

domingo, 28 de enero de 2007


Cali Rezo é un artista francés que desenvolve o seu traballo enteiramente en Photoshop. Inspírase en fotografías e fai as súas ilustracións partindo desde cero. Nalgunhas das súas obras hai claros guiños a obras de pintores como Klimt. Na súa web hai un amplo catálogo da súa obra. Tamén hai un apartado onde explica o seu proceso de traballo.

viernes, 12 de enero de 2007

Nico é o primeiro traballo da corporativa de cine "SonCine", do IES de Porto do Son. Está é unha mostra do que se pode facer no ensino cun pouco de vontade, tanto do profesorado e dos alumnos como da administración. Nesta curtametraxe hai moito do primeiro, pero segundo me contan, bastante pouco do segundo. O resultado impresiona tendo en conta que se trata dun traballo escolar. Esta curtametraxe foi gañadora de dous premios, o Educa Compostela que concede o Concello de Santiago e mais o Premio de Innovación Educativa da Xunta de Galicia. Pensaredes que é unha contradicción que afirme que a Administración non se molla cando a curta recibíu galardóns da Xunta. Non o é. Si, a Administración deu cartos para a realización do proxecto e despois premiouno, pero cando falo de vontade refírome a implicarse e potenciar este tipo de iniciativas e non simplemente a cubrir a papeleta de impartir cursos, que é no que andan. Se a Administración non da o soporte necesario, Nico non pasará de ser a excepción á regla.

martes, 2 de enero de 2007

Hai os que non se deixan impresionar por nada á hora de protexer o seu. Nin gatos, nin tigres, nin farrapos de gaita.

Via Neatorama

domingo, 31 de diciembre de 2006

Para rematar o ano, outro Artista que me chama a atención. Walton Ford. Aquí deixo un extracto da súa biografía traducido de Art 21.

Walton Ford naceu en 1960 en Larchmont, Nova York. Graduouse na Rhode Island School of Design coa intención de facerse cineasta, pero mais tarde adaptou o seu talento de narrador á súa maneira única de realizar acuarelas de gran tamaño. Mesturando a representación da historia natural coa crítica política, a pintura meticulosa de Ford satiriza a historia do colonialismo e o continuo impacto da escravitude e outras formas de opresión política, na paisaxe social e medioambiental de hoxe en día. Cada pintura é tanto unha lección de fauna e flora como unha mordaz denuncia dos erros cometidos polos industrialistas do século XIX ou, trasladando o seu traballo ó presente, da actual sociedade de consumo americana...
Podedes ver mostras do seu traballo aquí, aquí e aquí.