Vou poñer aquí algunhas ligazóns a sitios que me parecen interesantes da chamada web 2.0, a evolución da web cara ás redes sociais. Hai unha porrada de websites que reunen as características necesarias para etiquelalas deste xeito. Eu simplemente vou poñer algúns dos que me parecen orixinais e útiles.

Un novo concepto de páxina de inicio. Totalmente personalizable, con posibilidade de engadir os teus feeds RSS preferidos, o tempo, "post it" e outros contidos. Existen servicios parecidos ofrecidos por Yahoo, Google e Windows Live, entre outros.


Isto é como ter Word en Internet. Recentemente adquirido por Google. Hai tamén outras webs similares que ofrecen edición de textos como Zoho writer e Ajaxwrite. Tamen as hai de follas de cálculo tipo Excel. Thinkfree, por exemplo aúna edición de textos, folla de cálculo e presentacións tipo Powerpoint, ademais permite compatir os documentos con outros. Writeboard é outra opción interesante.


Publicación de libros, CDs, imaxes...


Comunidade musical. Un "plugin" no teu reproductor de audio envía datos da música que escoitas e vai engadindoche "veciños" por afinidade musical. Ten ademais outros servicios, como unha radio online, onde podes escoller o tipo de música que queres escoitar. Por suposto tamén hai outros servicios parecidos, como Pandora.

O teu "escritorio" na web. Dispón de procesador de textos, calculadora, axenda e mesmo xogos. Podes almacenar arquivos e tamén hai unha papeleira de reciclaxe.




Para editar imaxes online. Podes cambiar tamaños, recortar, rotar... Se non sabes andar no Photoshop, ou tes problemas para mandar fotos por e-mail porque son moi pesadas, esta é unha boa solución. Tamén hai webs similares como Dosize.


Un completísimo calendario cun montón de funcionalidades. Pode importar os teus contactos, podes ter unha versión pública e outra privada...


Isto é como ter a túa propia canle de televisión. A túa páxina de videos na rede. Similar: Democracy


Para os que gustades dos sudoku. Un novo cada día. Con posibilidade de comentarios e de clasificalos segundo a dificultade.


Comercio electrónico. Para vender os teus productos e mesmo crealos.


Para manter reunións on-line. Pódense compartir presentacións, documentos... Outras similares: Webex.com, infinticonferencing.com, livemeeting.com


Se tedes un blog e sodes bloggers mais serios ca min, preocupados polos vosos contidos e por posibles plaxios, creo que ista é unha boa ferramenta. Da súa web: "Web 2.0 + Copyright = Copyright 2.0"


Relacionado co anterior. É un buscador de copias do contido. Insírese a URL dun blog ou website e copyscape busca copias do contido.


Un xestor de "cousas por facer" organizadas por prioridade. Tamén hai un montón de websites similares: rememberthemilk.com, www.tadalist.com e www.myticklerfile.com son algúns exemplos.


Moi boa para todos os que compartides piso, por exemplo. Xestión de gastos compartidos.


Para todos ós que nos piden que levemos mostras do noso traballo ás entrevistas de emprego. Portfolio on line.


Ideal para deseñadores web. Formularios a medida. Similares: wufoo, Jotform


Moi parecido a iTunes, pero open-source, construido sobre a plataforma Firefox, admite extensións creadas polos usuarios.


Crea listas dos DVDs que tes e queres cambiar. Crea listas dos DVDs que queres ter. Pois iso, unha web de trueque de DVDs.


Unha web para crear e enviar facturas e recibos, con seguimento de pagamentos incluido.


Unha ferramenta moi interesante se sodes profesores ou tedes coñecementos avanzados en calquera materia. Para crear cursos on line.


Unha comunidade de traducción de blogs via feeds RSS.


Para facer seguimento de proxectos, ideas, propósitos...


Isto vai de cartos. Préstamos de persoa a persoa. O seu lema: "A xente e mellor ca os bancos". Hai unha similar: Prosper


Isto é como a película "Cadea de favores". Ti fas algo por min, eu fago algo por alguén...

Para terminar, e porque a estas alturas xa vos daríades de conta de que o 99% destas webs están en inglés:

Aquí están marcados no mapa os lugares do mundo onde se están a levar a cabo proxectos Web 2.0.
Darédevos de conta de que por aquí nada de nada, coas honrosas excepcións por suposto de chuza! e blogalego, aínda que este último ten que mellorar en termos de accesibilidade, xa que segue a usar táboas no código HTML para os blogs. Ao mellor hai algunha mais, pero estas son as que eu coñezo por aquí.

Non fixen mención a sitios como youtube, blogger ou flickr, xa que considero (ó mellor é moito considerar) que están bastante extendidos e son coñecidos abondo. Aínda que se pode decir que estes sitios teñen cada vez máis competidores.

Esta é unha breve, por non dicir sesgada, visión do que é a web 2.0. Se despois de botarlles unha ollada a estas webs vos pica a curiosidade podedes atopar máis ligazóns aquí e aquí. Así teredes unha idea mais ampla.

Espero que polo menos algunhas destas webs vos sexan de utilidade.