En xuño de 2001 e durante os dous meses seguintes un estraño fenómeno ocorreu no sur da India, mais precisamente na zona de Kerala. Os habitantes desta rexión asistiron durante este periodo á caida de chuvia vermella.

Pois ben, cinco anos despois, o científico Godfrey Louis da Universidade Mahatma Ghandi ven de publicar un informe no "Astrophysics and Space Science" no que formula a hipótese de que as mostras (auga recollida das chuvias vermellas de Kerala) conteñen microbios do espacio exterior.

Louis aillou as partículas vermellas e os seus experimentos suxiren que ainda que estas partículas carecen de ADN, son capaces de reproducirse satisfactoriamente mesmo en condicións moi desfavorables. Cómo explicar isto?. Ben, Louis especula coa posibilidade de que sexan bacterias extraterrestres adaptadas ás duras condicións do espacio exterior que nalgún momento se "montaron" nun meteorito ou cometa que mais tarde estoupou na capa superior da atmósfera e se mesturou con nubes de chuvia sobre a India.

De confirmarse esta teoría, as partículas vermellas serían a primeira evidencia de vida extraterrestre e poderías aporatar novas pistas sobre a orixe da vida no noso planeta.

O inverno pasado Louis enviou mostras ós seus colegas da Universidade de Cardiff en Gales, que están intentando reproducir os experimentos e que esperan facer públicos os primeiros resultados a finais deste ano.

Por suposto existen outras explicacións mais mundanas ó respecto: algas, fungos, area do deserto, mesmo células de sangue de morcego; esta última hipótese sustentada na posibilidade de que un meteorito se estrelara contra unha bandada (dise así?) destes animais.

Louis e os seus colegas non admiten estas posibilidades baseandose na carencia de ADN das partículas recollidas e na súa capacidade de reproducirse.

Todo isto ten que ver cunha hipótese chamada Panspermia que sostén que as sementes da vida están espalladas polo universo e que a vida no noso planeta se debe á chegada destas sementes.

Se queredes mais información facede clic aquí e aquí.