Arqueólogos israelies seguiron indicacións especificadas nos Manuscritos do Mar Morto e descubriron os antigos wáteres dos Esenios (un dos dous grupos ós que se lles atribue a autoría dos pergamiños).

Alí descubriron que os rituais hixiénicos dos Esenios, que soterraban os seus excrementos, causáronlles devastadoras infeccións intestinais. Segundo os pergamiños, as letrinas estaban situadas ó redor dun Kilómetro ó noroeste do asentamento. Os arqueólogos tomaron mostras no terreo e atoparon diferentes restos de parásitos intestinais, que non existían noutros puntos cercanos. Se deixaran os excrementos na superficie, como fan os beduinos, os parásitos morrerían rápidamente pola luz do sol. Soterrados, podían resistir un ano ou mais, infectando a calquera que camiñara pola zona.


"O cemiterio de Qumran é o grupo máis insalubre que estudiei nunca,” manifestou Joe Zias, arqueólogo da Universidade Hebrea de Xerusalem. “Menos do 6% dos homes soterrados alí sobrepasaron os 40 anos. Cemiterios do mesmo período excavados en Xericó amosan que a metade dos homes pasaban desa idade”.


Via Boing-boing, extractado e traducido á miña bola.


Desde logo, frikis houbo sempre... Mesmo os que apuntan nun papel a situación do WC do poblado, para que o atopen tropecentos anos despois e cheguen á conclusión de que o teu clan era o dos "cochinotes". Se o descubren os do Tomate co gusto que teñen pola necrofilia...