domingo, 28 de enero de 2007


Cali Rezo é un artista francés que desenvolve o seu traballo enteiramente en Photoshop. Inspírase en fotografías e fai as súas ilustracións partindo desde cero. Nalgunhas das súas obras hai claros guiños a obras de pintores como Klimt. Na súa web hai un amplo catálogo da súa obra. Tamén hai un apartado onde explica o seu proceso de traballo.

viernes, 12 de enero de 2007

Nico é o primeiro traballo da corporativa de cine "SonCine", do IES de Porto do Son. Está é unha mostra do que se pode facer no ensino cun pouco de vontade, tanto do profesorado e dos alumnos como da administración. Nesta curtametraxe hai moito do primeiro, pero segundo me contan, bastante pouco do segundo. O resultado impresiona tendo en conta que se trata dun traballo escolar. Esta curtametraxe foi gañadora de dous premios, o Educa Compostela que concede o Concello de Santiago e mais o Premio de Innovación Educativa da Xunta de Galicia. Pensaredes que é unha contradicción que afirme que a Administración non se molla cando a curta recibíu galardóns da Xunta. Non o é. Si, a Administración deu cartos para a realización do proxecto e despois premiouno, pero cando falo de vontade refírome a implicarse e potenciar este tipo de iniciativas e non simplemente a cubrir a papeleta de impartir cursos, que é no que andan. Se a Administración non da o soporte necesario, Nico non pasará de ser a excepción á regla.

martes, 2 de enero de 2007

Hai os que non se deixan impresionar por nada á hora de protexer o seu. Nin gatos, nin tigres, nin farrapos de gaita.

Via Neatorama