jueves, 30 de noviembre de 2006

Recomendo unha ollada ás fotografías de David Shrigley. Teñen un non sei que moi interesante. A ver se me di alguén o que é, que eu non sei poñelo con palabras, só sei que me deixan como reflexionando, algo que un becerro coma min non fai con moita frecuencia.

miércoles, 29 de noviembre de 2006

Home precisa de ciruxía despois de ter sexo con porco espiño

Un serbio precisou de ciruxía de urxencia despois de manter relacións sexuais cun porco espiño, tal e como lle prescribira un curandeiro.

Zoran Nikolovic, de 35 anos, natural de Belgrado, afirma que o curandeiro lle asegurou que esa terapia sandaría a súa exaculaión precoz; pero rematou nun quirófano despois de que o as espiñas do animal lle deixaran o pene gravememte lacerado.

Un voceiro do hospital dixo: "O animal está aparentemente ileso e o paciente saíu moito peor parado do encontro. Apañámonos para reparar o dano do seu pene.


Via Ananova. Traducido á miña bola.


Xa di o chiste que os porco espiños fan o amor con moito coidado. O que é non ter cultura xeral.

Velaí vai outro artista que quero compartir convosco. Trátase de Peter Fendrik, un húngaro que se dedica á animación en 3D de xogos e películas en Digic Pictures onde é director de arte, e que como hobbie modela personaxes en 3D. Os dous de arriba pertencen á serie da familia Bird. Os membros da familia teñen todos certo aire aristocrático e como indica o seu apelido gardan semellanzas con diferentes aves.

martes, 28 de noviembre de 2006

Hai xente que ten tempo libre de sobra.

lunes, 27 de noviembre de 2006

Estou farto de ver cousas deste tipo na rede. A ver se paramos!!!

domingo, 26 de noviembre de 2006

Os xaponeses xa non saben que inventar, agora unha moto con patas. Non pincharán as rodas, pero seguro que rompen o peroné.
Vía JP-Geek.

sábado, 25 de noviembre de 2006

Teño que empezar dicindo que eu non entendo de arte. Pero como a todo o mundo, hai cousas que me chegan. Estaba onte mirando cousas en 3D cando vin o traballo de Ray Caesar. Xa vira algúnha das súas obras e xa me chamara a atención, pero quero aproveitar para compartilo cos catro gatos que poidan pasarse por aquí. Caesar traballa con software 3D para crear ás súas obras. Modela as figuras e proba posturas ata chegar ó resultado que busca. Na súa páxina explica o seu proceso creativo e ademais dalgunhas mostras da súa obra debo salientar o delirante apartado da biografía no que, entre outras cousas, afirma que naceu can.
Ray Caesar é dono dun universo moi particular que expresa con imaxes certamente inquedantes, mesturando rostros de boneca de porcelá con insectos xigantes ou vísceras humanas. Seguramente haxa moitos criterios para definir a alguén como artista, pero creo que o feito de ver unha obra e saber inmediatamente a quen pertence é un criterio tan válido como outro calquera. Con Ray Caesar pasa.

viernes, 24 de noviembre de 2006


A sinestesia é a mestura de impresións de sentidos diferentes. Os sinestéticos poden ver letras, números ou notas musicais como cores. Unha A maiúscula pode ser vermello, a suma de 5 máis dous pode ser igual a verde ou B.B. King toca o amarelo.

Pero hai casos máis raros. Segundo Julia Simner, neuróloga da Universidade de Edimburgo, uns poucos "saborean" as palabras cando as oen. No seu estudio O sabor das palabras na punta da lingua, publicado na revista Nature, a doutora Simner informa que só atopou dez persoas con esta peculiaridade en Europa e Estados Unidos.

Esta condición pode parecer envexable, pero o certo é que pode chegar a ser ben desagradable. Un dos individuos odia conducir porque as sinais de tráfico énchenlle a boca de sabor a xeado de pistacho con cera de orella.
Pero a doutora Simner aínda ten que atopar un patrón. Por exemplo, un dos individuos saborea carne picada cando oe a palabra "mince" (picar), pero tamén cando escoita palabras que riman como "prince" (príncipe). A outro sen embargo venlle gusto a atún cando escoita "castañolas". A outros só lles pasa cos nomes propios, se Xoan é panadeiro pois saberá a pan, se Guillermo vende verduras pois saberá a pataca.

É curioso que toda esta xente non sabe expliar por qué. Os sabores simplemente aparecen.
Vía NY Times, extractado e traducido á miña bola

Eu pregúntome a que sabe un xeado de pistacho con cera de orella.

viernes, 17 de noviembre de 2006

Pregunta Nhusko no seu Cabodomundo onde están os límites da beleza. Cando atopo cousas como esta respondería que depende de canto movamos os marcos.

jueves, 16 de noviembre de 2006



Arqueólogos israelies seguiron indicacións especificadas nos Manuscritos do Mar Morto e descubriron os antigos wáteres dos Esenios (un dos dous grupos ós que se lles atribue a autoría dos pergamiños).

Alí descubriron que os rituais hixiénicos dos Esenios, que soterraban os seus excrementos, causáronlles devastadoras infeccións intestinais. Segundo os pergamiños, as letrinas estaban situadas ó redor dun Kilómetro ó noroeste do asentamento. Os arqueólogos tomaron mostras no terreo e atoparon diferentes restos de parásitos intestinais, que non existían noutros puntos cercanos. Se deixaran os excrementos na superficie, como fan os beduinos, os parásitos morrerían rápidamente pola luz do sol. Soterrados, podían resistir un ano ou mais, infectando a calquera que camiñara pola zona.


"O cemiterio de Qumran é o grupo máis insalubre que estudiei nunca,” manifestou Joe Zias, arqueólogo da Universidade Hebrea de Xerusalem. “Menos do 6% dos homes soterrados alí sobrepasaron os 40 anos. Cemiterios do mesmo período excavados en Xericó amosan que a metade dos homes pasaban desa idade”.


Via Boing-boing, extractado e traducido á miña bola.


Desde logo, frikis houbo sempre... Mesmo os que apuntan nun papel a situación do WC do poblado, para que o atopen tropecentos anos despois e cheguen á conclusión de que o teu clan era o dos "cochinotes". Se o descubren os do Tomate co gusto que teñen pola necrofilia...

Despois de Silvestre, Garfield e o Gato con Botas, descubro a este michiño que nada ten que ver cos que pinta Nhusko. Pregúntome que pasaría se emitiran algo como esto na TV de aquí. O gato de Verdaguer é especialista en chistes machistas e racistas. Hai un montón de vídeos do gato en Youtube se queredes velos, só hai que poñer "gato de Verdaguer" no campo de busca.