lunes, 29 de mayo de 2006

Coñecía unha versión a capella dos Flying Pickets, pero esta é nova para min:

En realidade a nova non tería nada de particular, mesmo sería positiva polo que de reciclaxe ten, se non fora pola carga simbólica do asunto.

En Nova Orleans, empezamos ben, están a construir un buque anfibio co que quedou do World Trade Center despois do 11-S nun asteleiro que quedou arrasado polo Katrina. Sen embargo, o barco semi construido ficou intacto.

O barco ten capacidade para transportar 700 marines a case calquera costa sen necesidade de porto. Unha vez en terra xa sabemos do que son capaces estes orangutáns.

Non sei se usar os restos dunha catástrofe para fabricar outras catástrofes en potencia é a mellor maneira de facer reciclaxe.

O nome do barco: USS New York. Estes yankis...

Vía Times On Line

martes, 23 de mayo de 2006

Xente que fai cousas fermosas:




Impresionante non?



O audio deste segundo é un pouco desquiciante, pero creo que paga a pena igual.

sábado, 20 de mayo de 2006

Vía Photojojo chégame a nova dun proxecto fotográfico colaborativo. Kollabor8, onde se transforman imaxes nun sistema de cadea. É como o xogo do teléfono pero con imaxes. Alguén envía unha imaxe, outro a transforma, outro a volve transformar...

Para ós que gustamos de fedellar nas fotos.

sábado, 13 de mayo de 2006

Vou poñer aquí algunhas ligazóns a sitios que me parecen interesantes da chamada web 2.0, a evolución da web cara ás redes sociais. Hai unha porrada de websites que reunen as características necesarias para etiquelalas deste xeito. Eu simplemente vou poñer algúns dos que me parecen orixinais e útiles.

Un novo concepto de páxina de inicio. Totalmente personalizable, con posibilidade de engadir os teus feeds RSS preferidos, o tempo, "post it" e outros contidos. Existen servicios parecidos ofrecidos por Yahoo, Google e Windows Live, entre outros.


Isto é como ter Word en Internet. Recentemente adquirido por Google. Hai tamén outras webs similares que ofrecen edición de textos como Zoho writer e Ajaxwrite. Tamen as hai de follas de cálculo tipo Excel. Thinkfree, por exemplo aúna edición de textos, folla de cálculo e presentacións tipo Powerpoint, ademais permite compatir os documentos con outros. Writeboard é outra opción interesante.


Publicación de libros, CDs, imaxes...


Comunidade musical. Un "plugin" no teu reproductor de audio envía datos da música que escoitas e vai engadindoche "veciños" por afinidade musical. Ten ademais outros servicios, como unha radio online, onde podes escoller o tipo de música que queres escoitar. Por suposto tamén hai outros servicios parecidos, como Pandora.

O teu "escritorio" na web. Dispón de procesador de textos, calculadora, axenda e mesmo xogos. Podes almacenar arquivos e tamén hai unha papeleira de reciclaxe.




Para editar imaxes online. Podes cambiar tamaños, recortar, rotar... Se non sabes andar no Photoshop, ou tes problemas para mandar fotos por e-mail porque son moi pesadas, esta é unha boa solución. Tamén hai webs similares como Dosize.


Un completísimo calendario cun montón de funcionalidades. Pode importar os teus contactos, podes ter unha versión pública e outra privada...


Isto é como ter a túa propia canle de televisión. A túa páxina de videos na rede. Similar: Democracy


Para os que gustades dos sudoku. Un novo cada día. Con posibilidade de comentarios e de clasificalos segundo a dificultade.


Comercio electrónico. Para vender os teus productos e mesmo crealos.


Para manter reunións on-line. Pódense compartir presentacións, documentos... Outras similares: Webex.com, infinticonferencing.com, livemeeting.com


Se tedes un blog e sodes bloggers mais serios ca min, preocupados polos vosos contidos e por posibles plaxios, creo que ista é unha boa ferramenta. Da súa web: "Web 2.0 + Copyright = Copyright 2.0"


Relacionado co anterior. É un buscador de copias do contido. Insírese a URL dun blog ou website e copyscape busca copias do contido.


Un xestor de "cousas por facer" organizadas por prioridade. Tamén hai un montón de websites similares: rememberthemilk.com, www.tadalist.com e www.myticklerfile.com son algúns exemplos.


Moi boa para todos os que compartides piso, por exemplo. Xestión de gastos compartidos.


Para todos ós que nos piden que levemos mostras do noso traballo ás entrevistas de emprego. Portfolio on line.


Ideal para deseñadores web. Formularios a medida. Similares: wufoo, Jotform


Moi parecido a iTunes, pero open-source, construido sobre a plataforma Firefox, admite extensións creadas polos usuarios.


Crea listas dos DVDs que tes e queres cambiar. Crea listas dos DVDs que queres ter. Pois iso, unha web de trueque de DVDs.


Unha web para crear e enviar facturas e recibos, con seguimento de pagamentos incluido.


Unha ferramenta moi interesante se sodes profesores ou tedes coñecementos avanzados en calquera materia. Para crear cursos on line.


Unha comunidade de traducción de blogs via feeds RSS.


Para facer seguimento de proxectos, ideas, propósitos...


Isto vai de cartos. Préstamos de persoa a persoa. O seu lema: "A xente e mellor ca os bancos". Hai unha similar: Prosper


Isto é como a película "Cadea de favores". Ti fas algo por min, eu fago algo por alguén...

Para terminar, e porque a estas alturas xa vos daríades de conta de que o 99% destas webs están en inglés:

Aquí están marcados no mapa os lugares do mundo onde se están a levar a cabo proxectos Web 2.0.
Darédevos de conta de que por aquí nada de nada, coas honrosas excepcións por suposto de chuza! e blogalego, aínda que este último ten que mellorar en termos de accesibilidade, xa que segue a usar táboas no código HTML para os blogs. Ao mellor hai algunha mais, pero estas son as que eu coñezo por aquí.

Non fixen mención a sitios como youtube, blogger ou flickr, xa que considero (ó mellor é moito considerar) que están bastante extendidos e son coñecidos abondo. Aínda que se pode decir que estes sitios teñen cada vez máis competidores.

Esta é unha breve, por non dicir sesgada, visión do que é a web 2.0. Se despois de botarlles unha ollada a estas webs vos pica a curiosidade podedes atopar máis ligazóns aquí e aquí. Así teredes unha idea mais ampla.

Espero que polo menos algunhas destas webs vos sexan de utilidade.

jueves, 11 de mayo de 2006

Inclue "El baile de los pajaritos" e Macarena... nin rastro do Xirarei de Xil Ríos.



Por certo, non teño nin idea de quen é este Judson Laipply.

martes, 9 de mayo de 2006

Unha banda de Robin Hoods anarquistas, vestidos con traxes de superheróes está sendo perseguida pola policía na cidade alemana de Hamburgo por roubar comida en restaurantes caros e "delicatessens", para despois dárllela ós pobres.

Parece que os membros da banda gustan de incluir o humor nas súas accións, baseadas na confusión que causa a súa presenza. Despois de facerse cun botín formado por filetes de búfalo de Kobe, champán e salmón afumado dunha tenda gourmet na exclusiva Elbastrasse, regaláronlle ó caixeiro un ramo de flores antes de fuxir.

Este último roubo forma parte dun patrón seguido durante os últimos meses, que suxire que actúan para salientar o que perciben como a "inherente desigualdade da sociedade alemana".

As autoridades non pensan o mesmo, cren que aínda que se queiran presentar como Robin Hoods, non deixan de ser ladróns.

Nunha acción anterior, estes superheróes, fuxiron dun supermercado de luxo cun carriño cheo de comida cara, incluidos bistecs de búfalo de Kobe, que anda nos 300€ por kilo e que polo visto sempre está na súa "lista da compra".

A policía aínda non fixo nin un só arresto, e o custe da investigación ascende xa a 30.000€. Esta céntrase nun grupo de anarquistas de Hamburgo chamado "Hamburg in Vain".

Extractado e traducido á miña bola de aquí

lunes, 8 de mayo de 2006

Parece que os xaponeses decidiron que o arroz hai que dedicalo exclusivamente a menestres culinarios. O último nas vodas é dispararlles ós noivos osiños de peluxo. Estes plantígrados (haille que sacar partido á cultura de encrucillado) van equipados con paracaidas, para garantir unha suave aterraxe. A min gustaríame meter na pistola esta a Mimosín, sen paracaidas por suposto; pero bueno, as miñas fobias non teñen cabida aquí. O que se me veu á cabeza cando vin esta foto foi isto:



Podedes ver a nova aquí. (En Inglés)

domingo, 7 de mayo de 2006

Isto pasoumo o meu compañeiro Knox. Non coñezo a fonte orixinal, a el disque llo pasou a súa prima de Burgos... Se é que alguén se achega por aquí, por favor que deixe o seu comentario.


Powered by Castpost

Co paso que levamos, seguro que acabamos vendo isto na praia de Carnota.

Eu non podo evitalo, pártome de risa con isto. Está en inglés pero creo que calquera pode entender de que vai o lerio. É unha especie de improvisación entre dous equipos, mentres dous deles van inventando a historia, os outros dous interpretan os obxetos necesarios para o seu desenvolvemento.

Ben, despois dun intento fallido, empezo con outro blog. A ver o que me dura.