jueves, 22 de junio de 2006

Isto é parte sustancial na miña formación como persona humana... e supoño que na de moitos da miña xeración.

martes, 6 de junio de 2006

Esta é unha curtametraxe de Sandy Collora, responsable da creación de criaturas e efectos especiais en películas como Men in Black, The Abyss ou Desafío total. A súa web: www.collorastudios.com


Jeff VanderMeer está a facer un "casting" fotográfico para unha curtametraxe titulada Shriek baseada nunha novela súa do mesmo nome.

Jeff esta pedindo fotos de xente en pose de cadaver para as secuencias de guerra que contén a peli. Quere fotos da cabeza, preferiblemente non por debaixo do peito. As fotos non deben ser moi pesadas, xa que só se trata dunha preselección. Se o teu careto é escollido pediranche unha copia en alta calidade (se a tes).

Se queredes participar neste experimento, tedes que postear a foto neste foro. Pa ra facelo debedes incluir o seguinte no post: /image{Text description}
O de text description podédelo deixar así. O enviar o post sairá unha ventaniña para subir a foto.

Parece que Jeff ten intención de publicar as fotos no seu blog, sexan ou non escollidas para a curta.

Os que teñan a sorte de ser escollidos, recibirán unha copia en DVD da peli e sairán nos créditos. A peli tamén se colgará en internet baixo licencia Creative Commons.

Como comprenderedes eu con este careto non vou participar... é unha curta bélica, non de terror.

sábado, 3 de junio de 2006


En xuño de 2001 e durante os dous meses seguintes un estraño fenómeno ocorreu no sur da India, mais precisamente na zona de Kerala. Os habitantes desta rexión asistiron durante este periodo á caida de chuvia vermella.

Pois ben, cinco anos despois, o científico Godfrey Louis da Universidade Mahatma Ghandi ven de publicar un informe no "Astrophysics and Space Science" no que formula a hipótese de que as mostras (auga recollida das chuvias vermellas de Kerala) conteñen microbios do espacio exterior.

Louis aillou as partículas vermellas e os seus experimentos suxiren que ainda que estas partículas carecen de ADN, son capaces de reproducirse satisfactoriamente mesmo en condicións moi desfavorables. Cómo explicar isto?. Ben, Louis especula coa posibilidade de que sexan bacterias extraterrestres adaptadas ás duras condicións do espacio exterior que nalgún momento se "montaron" nun meteorito ou cometa que mais tarde estoupou na capa superior da atmósfera e se mesturou con nubes de chuvia sobre a India.

De confirmarse esta teoría, as partículas vermellas serían a primeira evidencia de vida extraterrestre e poderías aporatar novas pistas sobre a orixe da vida no noso planeta.

O inverno pasado Louis enviou mostras ós seus colegas da Universidade de Cardiff en Gales, que están intentando reproducir os experimentos e que esperan facer públicos os primeiros resultados a finais deste ano.

Por suposto existen outras explicacións mais mundanas ó respecto: algas, fungos, area do deserto, mesmo células de sangue de morcego; esta última hipótese sustentada na posibilidade de que un meteorito se estrelara contra unha bandada (dise así?) destes animais.

Louis e os seus colegas non admiten estas posibilidades baseandose na carencia de ADN das partículas recollidas e na súa capacidade de reproducirse.

Todo isto ten que ver cunha hipótese chamada Panspermia que sostén que as sementes da vida están espalladas polo universo e que a vida no noso planeta se debe á chegada destas sementes.

Se queredes mais información facede clic aquí e aquí.


Aínda que non son aficionado ó rugby sempre me impresionou a súa danza de guerra antes do comezo de cada partido.

viernes, 2 de junio de 2006

Vía Boing Boing acabo de coñecer esta web, onde se pode escoitar e baixar música con licencia Creative Commons. Ben, non só se pode escoitar e baixar, tamén é posible comentar, votar, compatir, facer listas de cancións... CCHits.

Para non Iniciados (coma min):

Explicación das licencias Creative Commons.
Unha licencia Creative Commons non quere dicir que non haxa copyright. Estas licencias dan algúns dereitos a terceiras persoas baixo certas condicións.
Hai catro condicións que combinadas dan lugar ós seis tipos de licencia Creative Commons:

Recoñecemento (Attribution): O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiras persoas se se amosa nos créditos.

Non Comercial (Non commercial): O material orixinal e mais os traballos derivados poden ser distribuidos, copiados e exhibidos mentres o seu uso non sexa comercial.

Sen Obra Derivada (No Derivate Works): O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido pero non se pode utilizar para crear un traballo derivado do orixinal.

Compartir Igual (Share alike): O material creado por un artista pode ser modificado e distribuido pero baixo a mesma licencia que o material orixinal.

Con estas catro condicións combinadas pódense xerar as seis licencias que se poden escoller:

Recoñecemento: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos.

Recoñecemento - Sen obra derivada: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos. Non se poden realizar obras derivadas.

Recoñecemento - Sen obra derivada - Non comercial: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos. Non se pode obter ningún beneficio comercial. Non se poden realizar obras derivadas.

Recoñecemento - Non comercial: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos. Non se pode obter ningún beneficio comercial.

Recoñecemento - Non comercial - Compartir igual: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos. Non se pode obter ningún beneficio comercial e as obras derivadas teñen que estar baixo os mesmos termos de licencia que o traballo orixinal.

Recoñecemento - Compartir igual: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos. As obras derivadas teñen que estar baixo os mesmos termos de licencia que o traballo orixinal.

Mais inforamción aquí.