domingo, 31 de diciembre de 2006

Para rematar o ano, outro Artista que me chama a atención. Walton Ford. Aquí deixo un extracto da súa biografía traducido de Art 21.

Walton Ford naceu en 1960 en Larchmont, Nova York. Graduouse na Rhode Island School of Design coa intención de facerse cineasta, pero mais tarde adaptou o seu talento de narrador á súa maneira única de realizar acuarelas de gran tamaño. Mesturando a representación da historia natural coa crítica política, a pintura meticulosa de Ford satiriza a historia do colonialismo e o continuo impacto da escravitude e outras formas de opresión política, na paisaxe social e medioambiental de hoxe en día. Cada pintura é tanto unha lección de fauna e flora como unha mordaz denuncia dos erros cometidos polos industrialistas do século XIX ou, trasladando o seu traballo ó presente, da actual sociedade de consumo americana...
Podedes ver mostras do seu traballo aquí, aquí e aquí.

Estás no momento xusto, no lugar axeitado e, que fas?. Pois gravalo en video co móbil e compartilo con todos, non vai diso o lerio da web 2.0 e as redes sociais?
Iso foi o que debeu pensar unha das persoas que estaba presente durante a execución de Saddam Hussein. Ata onde chegaremos?

Aviso: Se sodes sensibles non o vexades.

Iso que vedes na foto é unha hucha. De feito é unha hucha programable bautizada como Banco da Vida. Ten capacidade de almacenar ata 200 moedas de 500 yens. Na pantalla hai un homiño xapones que ó principio vive nunha caixa de zapatos que se pode converter nun apartamento de luxo, dependendo da cantidade de cartos que haxa dentro. Acaban de sair á venda no Xapón a 40 USD, pouco mais de 30€.
Non di como reacciona o homiño cando baleiras a hucha.

Vía Spluch

Non mo ides crer, pero isto foi casual. Non sei en que web (un fallo pola miña parte porque así non podo poñer o link) atopei a referencia de George Catlin, ó que por suposto non coñecía, que xa vos dixen que de arte non entendo e que o que fago é poñer aqui cousas que me chaman a atención.
Na miña última entrada falaba do fotógrafo Daniél Lainé e do seu periplo africano inmortalizando ós descendentes das grandes dinastías africanas. Pois ben, un século e medio antes, Catlin fixo o propio cos xefes das tribus das inmensas pradeiras norteamericanas. A diferencia, aparte da evidente latitude xeográfica, é que Catlin tardou o doble de tempo e como daquela non había cámaras de peto pois colleu un pincel e hala!

George Catlin, un avogado convertido en pintor, percorreu miles de kilómetros desde 1830 ata 1836 seguindo o rastro da expedición de Lewis e Clark. Catlin visitou 50 tribus da beira oeste do río Mississippi , desde o que hoxe é Dakota do Norte ata Oklahoma, estudiou o seu modo de vida e pintou retratos e paisaxes. O seu traballo de campo rematou coa publicación en diarios e cun conxunto de mais de cincocentas pinturas ó oleo. Catlin fíxose mais tarde showman, empresario e escritor.

Podedes ver a súa obra nesta web, que recolle os seus traballos presentes na colección permanente do Smithsonian American Art Museum.

martes, 26 de diciembre de 2006

Olowo dos OwoUnha magnífica serie de fotografías de reis africanos da man de Daniel Lainé. O da foto de arriba é OBA JOSEPH ADEKOLA OGUNOYE o Olowo de Owo.

Segundo conta a lenda, hai seiscentos anos Olowo, o rei, namorouse de Orensen, unha muller moi fermosa. Desafortunadamente para o rei, Orensen era unha deusa que non podía vivir cos mortais. Estáballe prohibido ver mulleres moendo especias, derramando auga ou tirando leña ó chan.
O rei estaba tan namorado que para casarse con ela, prometeulle que as súas outras esposas non farían estas cousas diante dela. Pero co paso do tempo as outras mulleres puxéronse celosas e empezaron a facer todo o que non debían facer diante da deusa, que botou unha maldición sobre todo o reino. A deusa prometeu que o pobo de Owo morrería de fame ou por enfermidades se o rei e os seus xefes non celebraban todos os anos unha cerimonia na súa honra. Os tambores deberían pedirlle perdón e cantarlle oracións, un deles debería mesmo ofrecerlle en sacrificio un home ou unha muller.
Esta cerimonia, Igogo, aínda existe hoxe, pero o sacrificio faise con cabras e ovellas.


A Daniel Lainé levoulle 3 anos (1988-1991) de esforzos e intensas xestións diplomáticas rematar este traballo. Nese período conseguíu fotografiar 70 soberanos, descendentes das grandes dinastías africanas.

Paga a pena ver a serie completa.

Para aquelas mentes retorcidas: Non, King Africa non aparece por ningures.

lunes, 25 de diciembre de 2006

Vai aquí unha entrada estilo Tampico, como homenaxe ó rei do Soul.

domingo, 24 de diciembre de 2006

Botade, os que queirades ou podades, unha ollada ó traballo de Peter Callesen.

Da súa web:

Un tema común en moitos dos meus traballos é a reinterpretación dos contos infantís clásicos e tamén un interés xeral na memoria en conexión coa infancia. (...) Estas representacións alegres existen no territorio perdido da nenez, entre os soños e a realidade, e é no encontro ou na confrontación destas dúas condicións, nunha especie de encarnación utópica, onde estas pezas de arte cobran vida, frecuentemente dun xeito traxicómico.


Michael Holmes é un paracaidista de 25 anos que leva saltando desde ós 18. O pasado 12 de decembro durante un salto rutinario en Nova Zelanda (vaia rutinas teñen algúns) a 3700 metros de altura o seu paracaidas fallou. Segundo relatou o pai de Michael, o paracaídas principal liouse de tal xeito que fixo imposible a apertura do paracaídas de reserva, así é que o pobre Michael caeu a plomo a unha velocidade de mais de 160 kph, nunha silveira!!! Pois ben, lonxe de defenestrarse, que sería o lóxico, Michael só rompeu un nocello e ten un pulmón perforado (non sei se polas silvas). Iso si, para rescatalo fixo falta unha brigada e bombeiros que tivo que abrir un camiño entre as silveiras.

Vía Spluch
Link & Link

Hai tamén outras formas de voar.

lunes, 18 de diciembre de 2006

Dous sitios ós que nunca irei debido ó meu problemiña coas alturas.
Para empezar, o sobradamente coñecido Cañón do Colorado. Parece que o vindeiro mes de marzo abrirase ó público un novo mirador. estes gringos estan tolosSobresae 21 metros da parede do cañón aunha altura de 1220 metros sobre o Río Colorado. A estructura é de aceiro e as paredes e o chan son de vidro, de tal xeito que se poderá ver o río somentes mirando para abaixo... mi madriña, que medo! Os nativos americanos que o construen esperan que o turismo faga despegar a economía local, pero algúns temen que a parede porosa do cañón non resista o sistema de ancraxe e o mirador acabe ó nivel do río.

Os chinos estiveron tolos sempreO outro destino imposible para min está situado na provincia china de Shanxi. Trátase do Monte Huashan, unha das cinco montañas sagradas da china. Cada Montaña representa un punto cardinal, sendo a quinta o centro. O Monte Huashan, como as outras catro montañas, é lugar de peregrinaxe.


ayayayay!!

sirculen, sirculen
Non sei o éxito que terán nos seus "xacobeos", pero comigo que non conten, que para chegar arriba hainas que pasar canutas.

viernes, 15 de diciembre de 2006

Hai certas iniciativas individuais na rede que deixan ver o poder que pode chegar a acadar. Falo agora dunha delas, que non é a primeira nen a última, pero que me chama a atención polo sinxela e polo orixinal. MadV é un usuario de Youtube que propón no seu último vídeo que escribamos unha mensaxe na palma da man, o gravemos e o subamos. El da o primeiro paso amosando un "One World". No momento de escribir esta entrada, o seu vídeo, subido o día 4 de decembro, pasa do medio millón de visionados, ten máis de 2200 respostas e cerca dos 3500 comentarios.

Aquí a proposta de MadV


Aquí o meu graniño de area


Veña, animádevos!!

martes, 12 de diciembre de 2006

Ás veces, gracias á rede podemos estar onde nos gustaría.

Creo que isto é o máis explosivo que vin en internet en moito tempo. Podería dicir moitas cousas, pero quedo sen palabras.



Via Alt1040

lunes, 11 de diciembre de 2006

Poño aquí un dos máis altos expoñentes, ó meu entender, do chamado trailer re-cut ou remix, que ven sendo como o seu propio nome indica unha reinterpretación dos trailers das películas. Dase un de conta que se pode cambiar o significado das imaxes, e por descontado de calquera outro medio de expresión ou de comunicación, dun xeito tan sinxelo que pode chegar a ser peocupante.


Hai máis exemplos:

viernes, 1 de diciembre de 2006


Segundo o antropólogo da Universidade de Sydney, Stephen Juan, científicos do Instituto de Tecnoloxía de California (CALTECH) descubriron hai uns anos que os seres humanos posuimos cristais de magnetita no oso etmoide, situado entre os ollos, xusto detrás do nariz.
A Magnetita é un mineral magnético que tamén teñen as pombas mensaxeiras, os salmóns, os golfiños, as abellas, os morcegos e mesmo algunhas bacterias.
Parece que a magnetita axuda na orientación aos animais e asiste ás especies migratorias nos periodos de migración permitíndolles orientarse polos campos magnéticos da Terra. Sen embargo os científicos non están seguros de cómo funciona.
En calquera caso, no que respecta aos seres humanos e de acordo con algúns expertos, a magnetita fai que o oso etmoide sexa sensible ó campo magnético da terra e axuda no sentido da orientación.
Algúns mesmo suxiren que este "compás" foi de moita axuda na evolución humana xa que fixo mais doada a emigración e a caza.

Por outra banda, o tamén antropólogo, Kambiz Kamrani, o home que está detrás de anthropology.net, achácalle algunhas carencias á información de Stepehen Juan, como non dicir onde foi publicado o estudio. Kamrani pregúntase tamén se a presenza de magnetita apoia a teoría da procedencia africana da especie humana mais que a da orixe multirrexional. Tamén se pregunta se alguén fixo comparativas con outros primates, para saber se estes tamén a teñen e manidfesta a súa hipótese de que non, porque ningún primate migrou tanto como humanos.

Vía Neatorama.