Unha banda de Robin Hoods anarquistas, vestidos con traxes de superheróes está sendo perseguida pola policía na cidade alemana de Hamburgo por roubar comida en restaurantes caros e "delicatessens", para despois dárllela ós pobres.

Parece que os membros da banda gustan de incluir o humor nas súas accións, baseadas na confusión que causa a súa presenza. Despois de facerse cun botín formado por filetes de búfalo de Kobe, champán e salmón afumado dunha tenda gourmet na exclusiva Elbastrasse, regaláronlle ó caixeiro un ramo de flores antes de fuxir.

Este último roubo forma parte dun patrón seguido durante os últimos meses, que suxire que actúan para salientar o que perciben como a "inherente desigualdade da sociedade alemana".

As autoridades non pensan o mesmo, cren que aínda que se queiran presentar como Robin Hoods, non deixan de ser ladróns.

Nunha acción anterior, estes superheróes, fuxiron dun supermercado de luxo cun carriño cheo de comida cara, incluidos bistecs de búfalo de Kobe, que anda nos 300€ por kilo e que polo visto sempre está na súa "lista da compra".

A policía aínda non fixo nin un só arresto, e o custe da investigación ascende xa a 30.000€. Esta céntrase nun grupo de anarquistas de Hamburgo chamado "Hamburg in Vain".

Extractado e traducido á miña bola de aquí