Vía Boing Boing acabo de coñecer esta web, onde se pode escoitar e baixar música con licencia Creative Commons. Ben, non só se pode escoitar e baixar, tamén é posible comentar, votar, compatir, facer listas de cancións... CCHits.

Para non Iniciados (coma min):

Explicación das licencias Creative Commons.
Unha licencia Creative Commons non quere dicir que non haxa copyright. Estas licencias dan algúns dereitos a terceiras persoas baixo certas condicións.
Hai catro condicións que combinadas dan lugar ós seis tipos de licencia Creative Commons:

Recoñecemento (Attribution): O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiras persoas se se amosa nos créditos.

Non Comercial (Non commercial): O material orixinal e mais os traballos derivados poden ser distribuidos, copiados e exhibidos mentres o seu uso non sexa comercial.

Sen Obra Derivada (No Derivate Works): O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido pero non se pode utilizar para crear un traballo derivado do orixinal.

Compartir Igual (Share alike): O material creado por un artista pode ser modificado e distribuido pero baixo a mesma licencia que o material orixinal.

Con estas catro condicións combinadas pódense xerar as seis licencias que se poden escoller:

Recoñecemento: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos.

Recoñecemento - Sen obra derivada: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos. Non se poden realizar obras derivadas.

Recoñecemento - Sen obra derivada - Non comercial: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos. Non se pode obter ningún beneficio comercial. Non se poden realizar obras derivadas.

Recoñecemento - Non comercial: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos. Non se pode obter ningún beneficio comercial.

Recoñecemento - Non comercial - Compartir igual: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos. Non se pode obter ningún beneficio comercial e as obras derivadas teñen que estar baixo os mesmos termos de licencia que o traballo orixinal.

Recoñecemento - Compartir igual: O material creado por un artista pode ser distribuido, copiado e exhibido por terceiros se se amosa nos créditos. As obras derivadas teñen que estar baixo os mesmos termos de licencia que o traballo orixinal.

Mais inforamción aquí.