A sinestesia é a mestura de impresións de sentidos diferentes. Os sinestéticos poden ver letras, números ou notas musicais como cores. Unha A maiúscula pode ser vermello, a suma de 5 máis dous pode ser igual a verde ou B.B. King toca o amarelo.Vía NY Times, extractado e traducido á miña bola
Pero hai casos máis raros. Segundo Julia Simner, neuróloga da Universidade de Edimburgo, uns poucos "saborean" as palabras cando as oen. No seu estudio O sabor das palabras na punta da lingua, publicado na revista Nature, a doutora Simner informa que só atopou dez persoas con esta peculiaridade en Europa e Estados Unidos.
Esta condición pode parecer envexable, pero o certo é que pode chegar a ser ben desagradable. Un dos individuos odia conducir porque as sinais de tráfico énchenlle a boca de sabor a xeado de pistacho con cera de orella.
Pero a doutora Simner aínda ten que atopar un patrón. Por exemplo, un dos individuos saborea carne picada cando oe a palabra "mince" (picar), pero tamén cando escoita palabras que riman como "prince" (príncipe). A outro sen embargo venlle gusto a atún cando escoita "castañolas". A outros só lles pasa cos nomes propios, se Xoan é panadeiro pois saberá a pan, se Guillermo vende verduras pois saberá a pataca.
É curioso que toda esta xente non sabe expliar por qué. Os sabores simplemente aparecen.
Eu pregúntome a que sabe un xeado de pistacho con cera de orella.