Botade, os que queirades ou podades, unha ollada ó traballo de Peter Callesen.
Da súa web:
Un tema común en moitos dos meus traballos é a reinterpretación dos contos infantís clásicos e tamén un interés xeral na memoria en conexión coa infancia. (...) Estas representacións alegres existen no territorio perdido da nenez, entre os soños e a realidade, e é no encontro ou na confrontación destas dúas condicións, nunha especie de encarnación utópica, onde estas pezas de arte cobran vida, frecuentemente dun xeito traxicómico.
Que pureza. Precioso, que mans ten este artista, pura beleza. Encantoume "Looking Back, 2006", ten moito mensaxe. Dade un paseo po lo seu traballo. Alucinante.